Galicia desde Londres recolle os guións completos do espazo dedicado ás emisións en galego dentro dos programas de radio emitidos pola BBC para España e Hispanoamérica, de 1947 a 1956. A sección española desta emisora concibiu a idea de emitir programas que reflectisen a realidade cultural das comunidades históricas Galicia, Cataluña e o País Vasco. Dos programas para Galicia encargábase Alejandro Raimúndez, o presentador e autor de tres programas, e na maior parte dos casos encargábase de leer os textos remitidos desde Galicia baixo o pseudónimo "Xavier Fernández". Destacan os guións do coordenador en Galicia, Fernández del Riego, e os de Plácido Ramón de Castro, Leandro Carré Alvarellos, Xosé María Álvarez Blázquez, Fermín Bouza-Brey e Florentino López Cuevillas, entre unha longa nómina de colaboradores. Estes programas foron emitidos en lingua galega, con excepción de tres, e constitúen un elemento histórico de gran valor porque lograron que a nosa lingua, alonxada dos medios de comunicación de todo o país, se escoitase a través dunha emisora de radio estranxeira en todos os currunchos de Galicia.